Outra Devesa entre pícaros ;-)

Publicado por Tequexetéldere 

Outra Devesa entre pícaros ;-)

No día de onte no veciño concello de Teo os compañeiros da Pontevella foron os encargados de organizar unha nova edición do festival de folclore infantil a Devesa dos Pícaros.
Un festival que naceu coa idea de compartir unha xornada de festa, música e baile entre agrupacións amigas, entre as que se encontran ademais de nós, A Pontevella e A Mamoa de Luou, Agrupación Valle-Inclán, Nós de Sobradelo e Mar de Arousa de Bamio.