Coa escola por Logroño

Publicado por Tequexetéldere 

Coa escola por Logroño

Esta fin de semana, Tequexetéldere estivemos de viaxe por terras rioxanas coas nosas escolas participando no “Festival de Folklóre Infantil Ciudad de Logroño“, organizado polo Grupo de Danzas de Logroño a quienes desde aquí queremos dar os máis sinceiros parabéns por unha perfecta organización e agarimosa hospitalidade.

As nenas e nenos das nosas escolas puideron compartir escenario e experiencias con outros nenos da Rioxa e Murcia, así como coñecer a súa cultura e tradicións.

Aquí vos deixamos unhas fotos para que vexades o que foi unha fin de semana chea de grandes e boas experiencias.