Festival Tequexetéldere

Publicado por Tequexetéldere 

Festival Tequexetéldere

Para rematar un estupendo ano de folclore o vindeiro 17 de xuño ás 18:00 no Teatro Principal da Estrada faremos un festival onde as nosas escolas serán as protagonistas.

Todas as escolas amosarán o aprendido durante este curso, baile, gaita, pandeireta, percusión, acordeón, unha tarde de música e baile tradicional ao que vós convidamos a vir.

E moi pronto comezamos a reserva de praza para o vindeiro curso, estate atento!!! 😉

Entrada de balde, con retirada de invitación.