Concurso

XIII CONCURSO DE BAILE TRADICIONAL

TEQUEXETÉLDERE

Pazo de Exposicións e Congresos da Estrada 2 de abril de 2017

Sigue o concurso a través das nosas redes sociais @tequexeteldere | #concursoteque

E aquí vos deixamos o resultado do concurso deste ano, non sen antes darlles as grazas e os parabéns a todas as agrupacións participantes polo seu traballo:

Categoría B:

  1. -Primeiro premio “A Telleira” do CC A Ponte Vella
  2. -Segundo premio Grupo C da OCT Ultreia
  3. -Terceiro premio Grupo A da AF “Colexiata do Sar”

 

Categoría D:

  1. -Primeiro premio “Tras do Eo” do CC A Ponte Vella
  2. -Segundo premio “A Rabadenla” da ACS Pedro de Carcacía
  3. -Terceiro premio Grupo B da OCT Ultreia

 

 

De todo Tequexetéldere, moitas grazas.

 


FICHA DE INSCRICIÓN

https://goo.gl/forms/KANotLkLam2ReDPP2


XORNADA ÚNICA NO CONCURSO DE BAILE TRADICIONAL TEQUEXETÉLDERE

Debido á disminución na inscrición de grupos no concurso deste ano, vémonos na obriga de celebrar a próxima edición do concurso, que terá lugar o vindeiro domingo día 2, nunha única xornada de tarde, aglutinando así todas as categorías.

O concurso dará comezo ás 17 horas como ven sendo habitual.

Queremos agradecer as agrupacións participantes a súa participación, aos que vos caístes polo cambio de horario e tamén a todas as restantes que nos chamastes para comunicarnos que estaba na vosa programación, pero que non distes chegado a tempo á cita.

A todas e todos Tequexetéldere estavos moi agradecido e intentaremos volver ás datas de anos pasados.

B A S E S

 

Co fin de difundir e enxalzar a nosa cultura e as nosas tradicións, convócase o XIII Concurso de Baile Tradicional organizado por Tequexetéldere. Nel poderán participar grupos de asociacións folclóricas, veciñais, recreativas, de veciños etc.

 

  1. Estableceranse catro categorías para participar:
  1. A categoría determinarase pola media de idade das persoas compoñentes. Así mesmo, ningunha delas superará o límite da categoría en máis de dous anos.
  2. O grupo de baile estará formado por un mínimo de catro parellas, a non ser que as características do baile presenten outro tipo de formación.
  3. Cada grupo deberá levar consigo o seu grupo de acompañamento, e exclúese a utilización de cintas, discos etc.
  4. Tanto o grupo de baile como o grupo de acompañamento deberán levar traxe tradicional.
  5. A organización reservarase a posibilidade de suprimir algunha das categorías (mínimo tres grupos).
  6. Cada grupo dispoñerá dun tempo máximo de cinco minutos. A actuación que supere este tempo quedará descualificada.
  7. Non estarán permitidos nin aderezos nin escenografía no escenario allea ao baile e ao corpo instrumental.
  8. Non estará permitido repetir bailadores en dous grupos da mesma categoría

 

Horario:

O concurso celebrarase o domingo 2 de abril en horario de mañá (ás 11:00 h) para as categorías A e C e en horario de tarde (ás 17:00 h) para as categorías B e D, no Pazo de Exposicións e Congresos da Estrada, nunha única proba final, dentro de cada unha das súas categorías (as categorías poderanse unificar nun único horario, de tarde, no caso de non haber grupos suficientes para facelo en xornadas divididas)

 

Inscricións:

O prazo de presentación para o concurso rematará o domingo 26 de marzo (quedarán excluídas todas as inscrición realizadas fóra desta data) .

A inscrición realizarase exclusivamente a través da páxina web www.tequexeteldere.gal, dentro do apartado concurso (deberase recibir a confirmación da recepción, que pode tardar ata 24h).

 

Xurado:

O xurado, nomeado por Tequexetéldere, poderá descualificar calquera grupo que non se ateña ás presentes bases. O dito xurado poderá esixir o DNI ou o libro de familia das persoas integrantes de cada grupo. A decisión do xurado será inapelable.

Á hora de avaliar terase en conta a dificultade da peza, a súa execución e a súa autenticidade.

 

A organización non se fará cargo de calquera desaparición de obxectos ou vestiario, así coma calquera accidente que se produza durante o concurso.

 

Premios:

Establecerase a seguinte contía de premios:

Categorías A e B:

  1. -Primeiro premio (150 €)
  2. -Segundo premio (120 €)
  3. -Terceiro premio (trofeo)

 

Categoría C:

  1. -Primeiro premio (180 €)
  2. -Segundo premio (150 €)
  3. -Terceiro premio (trofeo)

 

Categoría D:

  1. -Primeiro premio (240 €)
  2. -Segundo premio (180 €)
  3. -Terceiro premio (trofeo)

 

Os grupos de Tequexetéldere actuarán en modo de exhibición, non concursarán neste evento.

A participación neste concurso implica a aceptación das bases.

 

Entradas:

O despacho de billetes abrirá 30 minutos antes do comezo do concurso. O custe das entradas será de 4 € por xornada.

As agrupacións poderan facer reservas de entradas no correo-e tequexeteldere@gmail.com