Escolas

As Escolas

PreMatrícula para o curso 2017-2018

Se non queres quedar sen praza para o vindeiro curso das escolas de Tequexetéldere, podes facer unha reserva de praza para os cursos que darán comezo no mes de outubro.

O prazo estará aberto do 15 ao 30 de xuño.

Como todos os anos, as diferentes actividades a que vos podedes anotar son baile, gaita, pandeireta, percusión e acordeón. O custe das actividades é de 10 euros ao mes para a primeira, e 7 para a segunda actividade ou segundo irmán, e lembra que si te apuntas a clases de baile cunha parella de distinto sexo ao teu, non pagades ningún dos dous (durante o primeiro ano), porque bailar é máis divertido en parella!!! .
A matrícula podese facer a través do seguinte enlace

http://goo.gl/forms/Zhgx2lY0kOrl4t7v2

Se tedes algunha dubida podes poñerte en contacto con nós no telf 660 136 787 ou no correo info@tequexeteldere.gal

 


Tequexetéldere, nace na Estrada no ano 1990. Na actualidade o grupo conta cun total de aproximadamente 35 personas de tódalas idades, divididos entre o grupo de baile, gaita e pandeireta.

Ademais Tequexetéldere surtese das súas escolas de baile, gaita, percusión e pandeireta, atesourando un total de máis de 110 alumnos.

Entre os seus obxetivos están o rescate, a conservación e a difusión da cultura tradicional galega procurando non desvirtualo en ningún dos seus detalles, e a contribuir que o noso importante legado cultural se manteña vivo.

Para o cumprimento deste fin Tequexetéldere organizará cursos de: baile, gaita, percusión, acordeón, solfexo e pandeireta.

Tequexeteldere ten unhas escolas cunha recoñecida trayectoria no mundo do folclore galego, acadando diversos premios en diferentes concursos a nivel galego. Tamén representou ao noso concello en festivais de Asturias, Murcia, Sevilla, Castela, Euskadi, León, Portugal, Francia e en moitos dos Concellos da nosa xeografía.

Este ano Tequexetéldere segue a ofertar clases de iniciación de baile para homes, para tí que tes moitas ganas de aprender pero non sabes como bailar unha jota nin unha muiñeira, e aseguramoste que non serás o único, ademáis de outras de baile, canto e pandeireta, gaita, acordeón ou percusión.