Festival Folclórico do Salmón

imprimir

Este vindeiro sábado convidámoste a acompañarnos nunha edición máis do Festival folclórico do Salmón, organizado pola agrupación de música e baile tradicional Tequexetéldere.

Será no Teatro Principal a iso das 18.30h. Alí­, ademáis da agrupación estradense, actuará a agrupación folklórica Estirpe de Aragonia (Huesca) e algunha representación das escolas de Tequexetéldere.

Ven e disfruta da maxia da jota e da muiñeira!

Non tes escusa! A entrada é libre ata completar aforo.

ASOCIACIÓN FOLKLÓRICA ESTIRPE DE ARAGONIA

A súa orixe remóntase ao ano 1980 no que un grupo de alumnos da Escola Municipal de Jota de Huesca, da man do grande mestre da jota bailada Carlos Vidal, comeza a traballar co obxectivo de investigar, ensinar e difundir o folclore aragonés.

Constituí­da como asociación catro anos máis tarde, esta asociación folclórica está formada, actualmente, por uns 80 membros, distribuí­dos entre as seccións de baile, canto e rondalla aos que une a súa paixón pola jota e o interese pola indumentaria tradicional aragonesa.

Dende o ano 1999 celebran o Festival Folklórico Nacional “Castillo de Montearagón” na honra dos restos da antiga fortaleza-mosteiro de estilo románica ubicada no termo municipal de Quicena, e que desde o ano 1931 é Monumento Nacional.

Ao longo da súa traxectoria son moitos os premios e distincións acadados por esta agrupación dentro do ámbito rexional e nacional, entre o que destaca o I Premio no Concurso Nacional de Getafe de Grupo Folclóricos do ano 1999. Veñen de organizar recentemente unha homenaxe ao seu fundador Carlos Vidal coa programación de charlas, exposicións e un festival, chegando a reunir sobre o escenario a máis de 280 artistas.