AMIG@S DE TEQUEXETÉLDERE

imprimir

Facerse Amigo/a de Tequexetéldere supón colaborar e axudar na financiación dos fins e das actividades que leva a cabo a nosa agrupación. E supón, asimesmo, establecermos unha cooperación que faga posible un mellor espallamento e mantemento da nosa cultura folclórica. 

Para facerte amigo/a de Tequexetéldere só tes que seguir os pasos indicados no seguinte -->  FORMULARIO.

Se tes algunha dúbida podes enviarnos un correo electrónico a este enderezo: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. 

 

COLABORA

Faite Amiga ou Amigo de Tequexetéldere e facendo unha doazón dun mínimo de 30 euros, agasallámoste cun regaliño de agradecemento pola túa colaboración.

Razóns para colaborar

Tequexetéldere é unha agrupación que naceu xa no ano 1990 baixo o respaldo do Concello da Estrada e da Fundación Cultural da Estrada, formando parte desta última entidade. A nosa actividade desenrólase sen ánimo de lucro. 

Para conseguir manter o volume de actividade anual da nosa agrupación (escolas, fondo de vestimenta/instrumentos, e outras actividades/conceptos) Tequexetéldere quere reafirmarse en acadar unha maior independencia económica baseada no apoio das xentes comprometidas ca nosa agrupación, co noso folclore e a nosa cultura.

 

Por que colaborar con Tequexetéldere?

  • Para asegurar o seu presente e, sobre todo, o seu futuro. 
  • Para seguir avanzando cos alumn@s das nosas escolas, mantendo a estructura do Grupo Oficial e asegurando o seu futuro. Actualmente superamos o centenar de matrículas.
  • Para mellorar e ampliar a súa programación cultural.
  • Para promover, facilitar e investigar a nosa tradición etnográfica.
  • Porque Tequexetéldere non só coida o legado do noso folclore e tradicións, xa que tamén somos un referente do sector na nosa comunidade e fora de Galicia.
  • Porque hai que coidar as cousas que nos importan.

 

Actividades principais de Tequexetéldere

  • Mantemento das nosas escolas: baile, percusión, gaita, acordeón, pandeireta...
  • Mantemento e recuperación de vestimenta tradicional galega.
  • Organización do Festival de Folclore da Festa do Salmón.
  • Diversidade de espectáculos como musicais e con bandas de música/orquestas sinfónicas.
  • Actuacións por España e fora de España respresentando e dignificando o noso folclore.
  • Actuacións pola xeografía galega.

 

Tratamento fiscal das doazóns

As cantidades doadas ou satisfeitas a unha entidade como é a nosa, a cal está prevista na Lei 49/2002, que se destinen á realización e desenvolvemento de actividades e programas prioritarios de mecenado, terán dereito a unha dedución de:

    Base da dedución, importe ata                           Porcentaxe da dedución

                 Até 150 euros                                                           80%

                 Resto base de dedución                                          35%

O 35% no caso de persoas xurídicas.

Ademais, se nos dous períodos impositivos inmediatos anteriores realizáronse donativos, doazóns ou achegas con dereito a dedución a favor dunha mesma entidade por importe igual ou superior, en cada un deles, ao do exercicio anterior, a porcentaxe de dedución aplicable á base da dedución a favor desa mesma entidade que exceda de 150 euros será do 40 por cento.

Límite: A base da dedución destes donativos, non poderá exceder do 15 por 100 da base liquidable.

Cumprimentación: Deberá reflectir o importe das cantidades doadas na casa "G" do Anexo A.1 da declaración do seu IRPF.

Exemplo práctico xenérico:

Se fas unha doazón de: 100,00€
 
Podes deducir no IRPF: 80,00€
 
Polo tanto só che custa facerte AMIG@ DE TEQUEXETÉLDERE realmente... :  20,00€
 

Para ter dereito a estas deducións TEQUEXETÉLDERE/FUNDACIÓN CULTURAL DA ESTRADA acreditará a efectividade da doazón mediante certificación que che faremos chegar.

Máis información na AEAT:

https://sede.agenciatributaria.gob.es/Sede/gl_es/manuales/ejercicio-2017/modelo-100/9-cumplimentacion-irpf-anexo/9_4-deducciones-donativos-otras-aportaciones/9_4_1-aportaciones-actividades-prioritarias-mecenazgo.html

 

GRACIÑAS :-)

NON ESPERES MÁIS, para facerte amigo/a de Tequexetéldere só tes que seguir os pasos indicados neste FORMULARIO.

Tras recibir os teus datos e verificar a colaboración realizada, poñerémonos en contacto contigo para agradecerche a túa aportación e facilitarche o certificado anteriormente comentado.