Tequexetéldere, nace na Estrada no ano 1990. Na actualidade o grupo conta cun total de aproximadamente 35 personas de tódalas idades, divididos entre o grupo de baile, gaita e pandeireta.
Ademais Tequexetéldere surtese das súas escolas de baile, gaita, percusión e pandeireta, atesourando un total de máis de 140 alumnos.
Entre os seus obxetivos están o rescate, a conservación e a difusión da cultura tradicional galega procurando non desvirtualo en ningún dos seus detalles, e a contribuir que o noso importante legado cultural se manteña vivo.
Para o cumprimento deste fin Tequexetéldere organizará cursos de: baile, gaita, percusión, acordeón, solfexo e pandeireta.
Tequexeteldere ten unhas escolas cunha recoñecida trayectoria no mundo do folclore galego, acadando diversos premios en diferentes concursos a nivel galego. Tamén representou ao noso concello en festivais de Asturias, Murcia, Sevilla, Castela, Euskadi, León, Portugal, Francia e en moitos dos Concellos da nosa xeografía.
Este ano Tequexetéldere segue a ofertar clases de iniciación de baile para homes, para tí que tes moitas ganas de aprender pero non sabes como bailar unha jota nin unha muiñeira, e aseguramoste que non serás o único, ademáis de outras de baile, canto e pandeireta, gaita, acordeón ou percusión.