MATRÍCULA CURSO 2022/2023

Se non queres quedar sen praza para o vindeiro curso das escolas de Tequexetéldere, podes facer unha reserva de praza para os cursos que darán comezo no mes de outubro.

cartel matricula 22 23

 Abrimos a reserva de praza para o vindeiro curso.

Como todos os anos, as actividades as que vos podedes anotar son baile, gaita, pandeireta, percusión, acordeón e zanfona.
O custe das actividades é de 13 euros ao mes para a primeira actividade e de 10 para a segunda actividade ou segundo irmán.

O noso profesorado.
- Baile, Javier Sanmartín
- Baile e pandeireta, Belén Castelo
- Gaita 1 e percusión 1, Xián Herrera
- Gaita, percusión, acordeón e zanfona, Suso Vaamonde

A matrícula pódese facer a traves do seguinte enlace: https://bit.ly/3OcBE2Q

Se tes algunha dúbida podes poñerte en contacto con nós no telf 660 136 787 ou no correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

cursos

 

© 2020 Tequexeteldere

Free Joomla! template by L.THEME