Supoñemos que teredes as cores xa case no fin, pero, despois da parella de baile e as pandereteiras, pedímosvos un último esforzo para darlle cor o noso quinteto de gaitas, para que a agrupación non quede coxa. Aquí vos deixamos a lámina que con tanto cariño, ao igual que as 2 anteriores, fixo Rosa Herraiz ????.
Grazas a todxs e agardamos que vos atopedes todxs ben.
Bos días a todxs. Para seguir disfrutando do tempo, da man de Rosa Herraiz propoñémosvos outra lámina relacionada con Tequexetéldere e o mundo do folclore. Desta vez é o turno das pandeiretas. Agardando que xs peques (e non tan peques ????) pasen un rato agradable, aquí vos vai a nova:
Para estos días, aquí vos deixamos unha parella de baile feita pola nosa querida Rosa Herraiz para que xs cativxs, e non tanto, a coloreedes e nola remitades por correo para que as poidamos publicar nas nosas redes. E non esquezades poñerlle o voso nome. Lembra que #NósQuedamosNaCasa.
Comezamos novos cursos con #Sentidiño e moito coidado Aberto o novo prazo de matrícula para o novo curso de Tequexetéldere adaptado as novas normas de seguridade. Podes formalizar a matrícula aquí ???? https://forms.gle/B7M68dve1re5aiKGA #aculturaésegura
Tequexetéldere da comezo os novos cursos de zanfona que serán impartidos por Suso Vaamonde. Estos serán impartidos os martes pola tarde e teñen un custe de 25 euros/mes Suso Vaamonde, músico intérprete e mestre de instrumentos populares.
É Licenciado en Filoloxía Clásica pola Universidade de Santiago de Compostela, e posúe o Título Profesional de Gaita polo Conservatorio Mayeusis de Vigo. Formou parte de grupos tan prestixiosos como Xacarandaina, Ballet Galego Rey de Viana, Leliadoura, Luvas Verdes, Cantata Vernácula, Trío Vaamonde, Lamas e Romero…
Actualmente desenvolve a súa actividade musical principalmente no coro histórico “Aires da Terra: o legado de Feijóo”, no espectáculo De tradición con Suso Vaamonde (Suso Vaamonde con banda de música) e 24 Instrumentos Populares (Suso Vaamonde e Xosé Lois Romero).